Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Honorato, Honorata
Nome cristián
Pronuncia
Honorato:
Etimoloxía e historia
Do latín Honoratus, alcume romano moi común na época posclásica que tiña un significado transparente: 'digno de ser apreciado e honrado', 'digno de honra', derivado do verbo honorare 'honrar, distinguir'.
Motivación
Hai dous santos franceses con este nome: santo Honorato de Arles ou de Lérins (c. 350-430), que se fixo eremita na illa de Lérins (chamada máis tarde de Santo Honorato) e foi bispo de Arles; e outro de Amiens (século VI), que foi bispo desta cidade e patrón dos panadeiros.
Santa Honorata foi monxa dun mosteiro de Pavía (Italia); morreu contra o ano 500.
Chamáronse así
O escritor francés Honoré de Balzac (1799-1850) e o caricaturista Honoré Daumier (1808-1879), tamén francés.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Honoratus | |
Bretón | Enore | Enora |
Catalán | Honorat | |
Español | Honorato | Honorata |
Éuscaro | Honorato | Honorata |
Francés | Honoré | Honorine |
Honorat | Honorée | |
Italiano | Onorato | |
Portugués | Honorato | Honorata |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Honorato
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]