Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Melchor
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Melchor:
Véxase Adoración
Etimoloxía e historia
Do nome probablemente hebreo *Melki'or 'o meu rei Iavé é luz', de melki 'rei' e or 'luz'.
Motivación
Melchor é un dos tres Magos de Oriente que acudiron, segundo o Evanxeo de Mateu, a Palestina a adorar o rei dos xudeus guiados por unha estrela. Melchor vén sendo, segundo a tradición popular, o ancián de longa cabeleira branca que representa a Asia, e o que lle ofrece ao Neno Xesús ouro, símbolo da realeza do Mesías, segundo o xuízo máis estendido, ou pola pobreza da Virxe, na opinión de san Bernaldo.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Melchior | |
Catalán | Melcior | |
Español | Melchor | |
Éuscaro | Meltxor | |
Francés | Melchior | |
Inglés | Melchior | |
Italiano | Melchiorre | |
Portugués | Melchior |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]