Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Adoración
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Adoración:
Hipocorísticos
Femininos Dora
Etimoloxía e historia
Do latín adoratio (ac. adorationem) 'adoración', nome común que por ser de xénero feminino se volveu nome propio de muller.
Motivación
Este nome fai referencia á adoración dos Magos de Oriente ao neno Xesús no portal de Belén, segundo unha antiga lenda cristiá. Os seus nomes eran Melchor, Gaspar e Baltasar e, como proba da súa adoración, ofreceron ouro, incenso e mirra.
Chamáronse así
Adoración Sánchez Bárcena (1944-2016), actriz de teatro galega, de orixe asturiana, coñecida como Dorotea Bárcena.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Adoració | |
Español | Adoración | |
Éuscaro | Gurtza | |
Gurtasun | ||
Agurtzane | ||
Portugués | Adoração |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Adoración
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]