Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Adolfo
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Adolfo:
Variantes
Masculinas Ataúlfo
Hipocorísticos
Másculinos Dolfo
Etimoloxía e historia
Nome de orixe xermánica, composto polos elementos góticos *ath, de significación escura, e wulf ‘lobo’.
Motivación
Santo Adolfo de Osnabrück (séculos XII-XIII) era membro da familia dos condes de Teklenburg (Westfalia), ingresou na orde cisterciense e foi cóengo en Colonia. En 1216 foi consagrado bispo de Osnabrück (Baixa Saxonia), pero abandonaría o cargo para dedicarse aos doentes, sobre todo aos leprosos.
Santo Adolfo de Galicia, bispo de Iria Flavia, e santo Adolfo de Sevilla (século IX).
Chamáronse así
O belga Adolphe Sax (1814-1894), inventor do saxofón; Adolf Schulten (1870-1960), investigador da historia antiga da Península Ibérica; o dramaturgo español Adolfo Marsillach (1928-2020); o político Adolfo Suárez (1932-2014), presidente do Goberno español de 1976 a 1981; e o arxentino Adolfo Pérez Esquivel (1931), Premio Nobel da Paz de 1980.
Adolfo Rey Ruibal (1867-1923), escritor e xornalista galego, correspondente da Real Academia Galega.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Adolf | |
Catalán | Adolf | |
Español | Ataúlfo | |
Adolfo | ||
Éuscaro | Adolfo | |
Francés | Adolphe | |
Inglés | Adolphus | |
Italiano | Ataulfo | |
Adolfo | ||
Portugués | Adolfo |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Adolfo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]