Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Adelaida
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Adelaida:
Variantes
Hipocorísticos
Femininos Adela
Etimoloxía e historia
De orixe xermánica e introdución recente, a partir da forma francesa, composto polos elementos góticos athal ‘nobreza’ e heid ‘figura, apariencia’ e, a partir de aí, ‘fermoso’; este segundo elemento era moi utilizado na onomástica xermánica para os nomes femininos.
Motivación
Santa Adelaida de Borgoña (século X) foi esposa de dous emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico (Lotario II e Otón I o Grande) e nai doutro (Otón II).
Santa Adelaida é a personaxe principal da ópera Adelaide di Borgogna (1817), de Gioachino Rossini.
A cidade australiana de Adelaide, fundada en 1836, recibiu este nome en homenaxe á esposa do rei Guillerme IV do Reino Unido. Australia aínda era daquela colonia británica.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Adelheid | |
Catalán | Adelaida | |
Español | Adelaida | |
Éuscaro | Adelaide | |
Adelaida | ||
Francés | Adélaïde | |
Inglés | Adelaide | |
Italiano | Adelaide | |
Portugués | Adelaide | |
Romanés | Adelaida | |
Ruso | Adelaida |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Adelaida
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]