Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Adán
masculino
Nome bíblico
Pronuncia
Adán:
Etimoloxía e historia
Do hebreo 'âdhâm 'home'. Segundo a tradición bíblica, nome dado por Deus ao primeiro ser humano, e que se consideraba da mesma familia que a palabra 'âdhâmàh 'terra'.
Motivación
Segundo a Biblia, Adán foi o nome do primeiro home, creado por Deus “á súa imaxe e semellanza” de lama da terra. El e mais Eva pasan por ser os pais da humanidade. Tiveron dous fillos: Caín e Abel. Despois da morte de Abel a mans de Caín, tiveron outro fillo: Set.
A figura de Adán aparece na literatura profana do século XII; tamén figura n‘O Paraíso perdido (1667), de John Milton.
Chamáronse así
Adam Smith (1723-1790), filósofo e economista escocés.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Adam | |
Catalán | Adam | |
Español | Adán | |
Éuscaro | Adame | |
Adam | ||
Francés | Adam | |
Inglés | Adam | |
Italiano | Adamo | |
Portugués | Adão | |
Romanés | Adam |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]