Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ada
feminino
Hipocorístico
Pronuncia
Ada:
Etimoloxía e historia
Conflúen en Ada dous nomes de orixe diversa: por unha banda, o hebreo Ádah 'adornada (por Deus)'; pola outra, o xermánico Ada, un hipocorístico dun nome que ten como primeiro elemento athal ‘nobreza’. Nalgunhas linguas é o hipocorístico de Adelaida e Adela.
Motivación
Na Biblia aparecen dúas mulleres con este nome: unha, esposa de Lámec; a outra, esposa de Esaú. É o nome da protagonista da novela de Vladimir Nabokov Ada ou o ardor (1969).
Chamáronse así
Ada Lovelace, matemática e escritora británica (1815-1852) e a escritora italiana Ada Negri (1870-1945).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Ada | |
Catalán | Ada | |
Español | Ada | |
Francés | Ade | |
Inglés | Ada | |
Italiano | Ada | |
Portugués | Ada | |
Romanés | Ada | |
Ruso | Ada |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]