Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Abril
feminino
Apelativo
Etimoloxía e historia
Do latín Aprilis 'abril', segundo mes do primitivo ano romano. Os romanos dábanlles este nome aos fillos nados nese mes. Na Idade Media era nome masculino, pero o uso actual é feminino.
Motivación
A compostelá rúa de don Abril Ares ten a súa motivación nun personaxe medieval así chamado.
Chamáronse así
Abril Peres, xograr compostelán do século XIII, quen tivo unha tenzón con Bernal de Bonaval.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Abril | |
Español | Abril | |
Francés | Avril | |
Inglés | Avril | |
April | ||
Italiano | Aprile | |
Portugués | Abril |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]