Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Abel
masculino
Nome bíblico
Pronuncia
Abel:
Etimoloxía e historia
De orixe incerta, probablemente do asirio habel, habal 'fillo'; outros atribúenlle o significado de 'efémero'.
Motivación
No libro da Xénese da Biblia, Abel, o segundo fillo de Adán e Eva, é considerado bo e temeroso de Deus, só ocupado en coidar os seus rabaños e ofrecer frecuentes sacrificios á divindade. É a antítese de Caín, que era labrego e descoidado no culto divino por confiar máis nos bens terreais. A envexa levou a Caín a matar a Abel, de xeito que o pastor foi o primeiro mártir, e o labrego o primeiro asasino.
Algúns autores ven neste episodio o impacto —coa conseguinte crise relixiosa— que representou en tempos prehistóricos a revolución dos pobos do Neolítico, inventores da agricultura e, polo tanto, produtores de alimentos fronte ao inmobilismo e ao providencialismo dos pobos do Paleolítico, que se limitaban a recoller os alimentos proporcionados pola natureza.
Chamáronse así
O xeógrafo francés Abel Bouhier (1921-1997), autor dunha importante investigación xeográfica sobre Galicia: La Galice, essai géographique d'analyse et d'interpretation d'un vieux complexe agraire (1979).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Abel | |
Árabe | ||
Bretón | Ave | |
Avel | ||
Catalán | Abel | |
Español | Abel | |
Éuscaro | Abel | |
Inglés | Abel | |
Italiano | Abele | |
Portugués | Abel |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]