Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Abigaíl
feminino
Nome bíblico
Etimoloxía e historia
Nome de orixe hebrea que significaba ‘meu pai é alegría’.
Motivación
Na Biblia aparecen dúas mulleres con este nome. Unha, irmá de David; a outra, a súa segunda esposa, coa que casou cando esta enviuvou de Nabal.
Chamáronse así
A editora e sufraxista estadounidense Abigail Scott Duniway (1834-1915).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Abigaíl | |
Éuscaro | Abigail | |
Francés | Abigaïl | |
Inglés | Gayle (hip.) | |
Gail | ||
Aby | ||
Abbey | ||
Abigail | ||
Portugués | Abigail |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]