Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Abelardo
masculino
Personaxe histórico
Pronuncia
Abelardo:
Etimoloxía e historia
Nome de introdución recente, probablemente a través do francés, aínda que de orixe xermánica, formado por *eber ‘xabarín’ e hard ‘forte’, transformado talvez pola atracción de Abel.
Motivación
Pedro Abelardo, filósofo e teólogo bretón do século XII, catedrático da Universidade de París, foi o principal difusor deste nome. A súa sona aumentou por ser o tráxico amante de Heloísa, sobriña do cóengo Fulberto, que lle confiara a súa educación. Foron uns amores secretos e prohibidos, que se descubriron cando Heloísa quedou embarazada. Por traizoar a súa confianza, Fulberto mandou castrar a Abelardo, que, humillado, entrou de monxe na abadía de Saint-Denis, e Heloísa, de monxa en Argenteuil.
Perpetuaron a súa memoria a partir do século XVIII o poeta inglés A. Pope e o pensador francés Jean-Jacques Rousseau.
Chamáronse así
O latinista Abelardo Moralejo Laso (1898-1983), zamorano de nacemento, realizou importantes investigacións toponímicas sobre Galicia e León.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Abaelardus | |
Abaelard | ||
Catalán | Abelard | |
Español | Abelardo | |
Éuscaro | Abelardo | |
Francés | Abélard | |
Inglés | Abelard | |
Italiano | Averardo | |
Portugués | Abelardo |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]