Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Metodio
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do nome grego e bizantino Methódios, latinizado en Methodius, derivado da palabra helena méthodos 'busca, indagación, ciencia', composto da preposición metá 'con', 'por medio de', e hodós 'camiño, vía'. Pode significar 'camiño para alcanzar un fin'.
Motivación
San Metodio (c. 825-885) foi enviado desde Constantinopla, xunto co seu irmán Cirilo, a Moravia, para evanxelizar os pobos eslavos. Aprenderon as súas linguas, ata ese momento ágrafas, e inventaron para elas unha escritura (chamada glagolítica e despois cirílica en honor a Cirilo), traduciron o Evanxeo ao eslavo para achegalo ao pobo e organizaron o clero. A liturxia eslava subsistiu, transmitida polos búlgaros aos serbios e aos rusos. Metodio e Cirilo son patróns de Europa.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Methodius | |
Catalán | Metodi | |
Español | Metodio | |
Éuscaro | Metodio | |
Francés | Méthode | |
Inglés | Methodius | |
Italiano | Metodio | |
Portugués | Metódio |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]