Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Millán
masculino
Nome cristián
Véxase Emiliano
Etimoloxía e historia
Do latín Aemilianus 'da familia Emilia', unha das sete de máis avoengo en Roma. Millán é unha variante patrimonial do nome persoal Emiliano, orixinada pola aférese da semivogal inicial. Este nome ten moita difusión convertido en apelido.
Motivación
San Millán de la Cogolla (474-574) naceu na Rioxa. Era un pastor que se fixo ermitán nunha montaña denominada Cuculla (La Cogolla) pola súa forma de carapucha de monxe. No sitio onde viviu construíuse un mosteiro na súa honra. A súa vida lendaria contouna Gonzalo de Berceo (século XIII), un monxe poeta deste mosteiro.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Millà | |
Español | Millán | |
Éuscaro | Millan | |
Francés | Milien |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]