Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Minia
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Minia:
Etimoloxía e historia
Do latín Minia, seguramente forma feminina de Minius, que podería ter relación co adxectivo minius ‘colorado’; de feito, hai un Iupiter Minianus pola cor colorada da súa estatua. Como o nome procede dunha inscrición latina nunha catacumba romana, non ten que ver coa forma latinizada do feminino do río Miño (como en Fonte Minia, hoxe Fomiñá).
Motivación
A difusión deste nome débese ao santuario de Santa Minia de Brión, que ten a súa orixe no traslado desde Roma dunha posible mártir das catacumbas. En 1804 descubriuse en Roma o seu cadáver, recubríronse os ósos con cera, forráronse con panos e metéronse nunha urna co correspondente certificado eclesiástico de autenticidade. Xunto cunha lousa coa inscrición MINIA IN SOMNO PACIS ‘Minia no sono da paz’ tróuxoos un nobre español para o seu oratorio particular de Cádiz. Anos despois, en 1848, un criado deste nobre gaditano, emigrante da Maía, recibiu en herdanza as reliquias e tróuxoas para a igrexa de San Fins de Brión, no val da Maía. Non tardaría o arcebispo de Santiago en autorizar o seu culto, e no lugar de Pedrouzos deste concello construiríase o seu santuario con pedras do antigo castelo de Altamira. Á súa romaría de finais de setembro asiste moita xente.
O escritor galego Manuel Lugrís Freire publicou en 1904 Minia: drama n-un acto en prosa.
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]