Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Miguel, Micaela
Nome bíblico
Pronuncia
Miguel:
Micaela:
Etimoloxía e historia
Do hebreo Mikha'el, nome teofórico que reproduce a frase mi kha 'El 'quen como Deus?'. Pasou ao grego e ao latín como Michael.
Motivación
San Miguel é o máis popular dos arcanxos: guerreiro, cabaleiro, príncipe das milicias dos anxos, seres de sexo indefinido que exercen de mensaxeiros entre Deus e os homes. No Antigo Testamento é o capitán das milicias dos anxos fieis a Deus fronte aos rebeldes encabezados por Luzbel ou Satanás. Na Apocalipse de san Xoán é quen salva a muller que acaba de dar a luz, ao vencer o dragón das sete cabezas. No catolicismo conduce as almas dos mortos e pésaas nunha balanza no Xuízo Final (así é representado na arte).
Santa Micaela (século XIV) é patroa de Pesaro (Italia).
É famoso o santuario de Le-Mont-Saint-Michel (Normandía-Francia), centro de peregrinacións e importante estación do Camiño de Santiago. Tamén teñen moita sona o santuario de St. Michael de Cornualla (Gran Bretaña) e o da Sacra di San Michele, símbolo da rexión do Piemonte (Italia), que probablemente inspirou a Umberto Eco para a súa novela O nome da rosa.
Chamáronse así
Artistas como o italiano Michelangelo Buonarroti (1475-1564), escritores como Miguel de Cervantes Saavedra (1547-1616) ou Miguel Delibes Setién (1920-2010); o francés Michel de Montaigne (1533-1592); o químico e físico inglés Michael Faraday (1791-1767) ou o político ruso Mikhaïl S. Gorbachev (1931-2022), derradeiro presidente da URSS (1989-1991).
En Galicia lembramos o escultor barroco Miguel de Romai (1670-1740) e o arquitecto neoclásico Miguel Ferro Caaveiro (1704-1807). Nos tempos contemporáneos, lembramos a Micaela Chao Maciñeira (1892-1928), natural de Viveiro, primeira conselleira da sección feminina das Irmandades da Fala, en 1918, desde onde loitou polos dereitos da muller. Por outra banda, tamén merece ser lembrado o bispo e académico da RAG Miguel Anxo Araúxo Iglesias (1920-2007), que apoiou o uso do idioma galego na liturxia católica.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Michael | |
Bretón | Mikel | |
Mikael | ||
Catalán | Miquel | Miquela |
Español | Miguela | |
Miguel | Micaela | |
Éuscaro | Mikelitza | |
Mikeleitza | ||
Mikaela | ||
Mitxel (hip.) | ||
Mitxel | ||
Mikele | Mikele | |
Mikel | Mikela | |
Francés | Michel | Michele |
Húngaro | Mihaly | |
Inglés | Micky (hip.) | |
Mick | ||
Michael | ||
Italiano | Micaela | |
Michele | Michela | |
Polaco | Michal | |
Portugués | Miguel | Micaela |
Romanés | Mihaí | |
Mihail | Mihaela | |
Ruso | Mikhaïl |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]