Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Milagres
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Milagres:
Hipocorísticos
Femininos Mila
Etimoloxía e historia
Advocación da Virxe (Nosa Señora dos Milagres). A palabra 'milagre' procede do latín miraculum 'prodixio, portento, marabilla'.
Motivación
A Virxe dos Milagres recibe culto popular en moitos lugares de Galicia: no santuario de Amil (Moraña), no de Saavedra (Begonte) ou no do Monte Medo (Baños de Molgas), entre outros.
Chamáronse así
Milagros Rey Hombre (1930-2014) foi a primeira arquitecta colexiada na Coruña e a primeira arquitecta municipal desta cidade.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Miracle | |
Español | Milagros | |
Éuscaro | Alazne | |
Mirari | ||
Portugués | Milagres |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]