Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Emiliano, Emiliana
Nome cristián
Pronuncia
Emiliano:
Emiliana:
Véxase Millán
Etimoloxía e historia
Do latín Aemilianus 'da familia de Emilio', unha das sete de máis avoengo en Roma. En galego é un cultismo que coexiste desde hai séculos co seu resultado patrimonial Millán.
Motivación
Houbo varios santos con este nome: santo Emiliano de Trevi (século IV), cristián armenio bispo desta cidade da Umbria (Italia); santo Emiliano ou san Millán de la Cogolla, anacoreta da Rioxa (século V); outro do século VI que foi bispo en Vercelli (Italia) etc.
Santa Emiliana de Roma (século VI), tía do papa san Gregorio, foi canonizada por iniciativa do seu sobriño.
Chamáronse así
Emiliano, emperador dos romanos no século III.
O revolucionario mexicano Emiliano Zapata (1879-1919).
Emiliano Balás Silva (1859-1934), pintor, médico e escritor, impulsor das Irmandades da Fala e do coro Toxos e Froles, e correspondente da Real Academia Galega.
Emiliano Iglesias (1878-1941), político e xornalista de Ponteareas.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Aemilianus | |
Bretón | Miliau | |
Catalán | Emilià | |
Español | Emiliano | Emiliana |
Éuscaro | Milian | |
Emiliano | Emiliana | |
Emillen | Emillene | |
Francés | Émilien | Emilienne |
Italiano | Emiliano | |
Portugués | Emiliano | |
Romanés | Emilian | Emiliana |
Ruso | Emiliane |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Emiliano
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]