Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Engracia
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Engracia:
Etimoloxía e historia
Nome cristián, alusivo ao estado de gracia divina, procedente do latín in gratia 'en gracia'.
Motivación
Santa Engracia de Zaragoza (séculos III-IV) forma parte do grupo dos chamados pola tradición cristiá “innumerables mártires de Zaragoza”. Parece ser que era filla dun nobre galaico de Braga. Posiblemente esta santa lendaria sexa unha personificación da graza de Deus. Outra santa con este nome seica era irmá de san Valentín, eremita coma el.
Chamáronse así
Engracia Vérez Puentes (1901-1983), mestra e escritora de Xermade.
Engracia Vidal Estévez (1930-2024), natural de Cambados, relixiosa e escritora en lingua galega. Movida polos aires renovadores do Concilio Vaticano II, desde os seus tempos de monxa xa adquirira un claro compromiso social a prol dos máis desfavorecidos. Foi pioneira na reivindicación feminista na Igrexa católica, manifestada en artigos e en libros como Por unha Igrexa tamén feminina (2000), publicación en que reclamaba a igualdade de xénero dentro da Igrexa, coa conseguinte admisión do sacerdocio das mulleres. Participou na fundación da revista de pensamento cristián Encrucillada —da que foi secretaria durante trinta anos— e noutras iniciativas relixiosas de signo progresista e galeguista do último terzo do século XX en Galicia, como a Romaxe de Crentes Galegos (1978), a revista Irimia (1978) e a Asociación Mulleres Cristiás Galegas-Exeria (1996).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Engràcia | |
Español | Engracia | |
Éuscaro | Ingartze | |
Garazi | ||
Engrazia | ||
Francés | Engrace | |
Portugués | Engrácia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Engracia
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]