Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Erasmo
masculino
Personaxe histórico
Véxase Telmo
Etimoloxía e historia
Vén, a través do latín Erasmus, do grego Erasmós 'amor'. Deste nome deriva Telmo.
Motivación
Aínda que houbo un santo con este nome, do século V, bispo de Formia, na Campania (Italia), quen verdadeiramente o popularizou foi o filósofo Erasmo de Rotterdam (1469-1536), que se chamaba en realidade Geert Geerts. Este interpretou o seu nome holandés como se viñese do medio-holandés ghëren (holandés moderno begeeren) ‘desexar’ —aínda que o nome holandés Geert corresponde ao noso Xiraldo e ten outras orixes— e cambiouno por Desiderius Erasmus, latinizando o primeiro nome e grecizando o segundo. Foi o humanista por excelencia, home de vastísima cultura, preocupado por conciliar a cultura clásica coa teoloxía cristiá. Enfrontouse ao fariseísmo e ao fanatismo relixioso, á guerra e á ignorancia; defendeu a lectura directa da Biblia, pero tamén se enfrontou a Lutero. Na España da Contrarreforma (segunda metade do século XVI) foi considerado case un herexe.
Chamáronse así
Erasmo Pascual (1903-1975), actor galego de teatro e cine.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Erasmus | |
Catalán | Erasmo | |
Español | Erasmo | |
Éuscaro | Erasmo | |
Inglés | Erasmus | |
Italiano | Erasmo | |
Portugués | Erasmo |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Erasmo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]