Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Erín
feminino
Nome literario
Etimoloxía e historia
Erín é unha variante de Eire que se usa como nome poético de Irlanda. Mentres que Éire é o caso nominativo, Éirinn é o dativo. Tamén é a forma inglesa do xenitivo, Éireann, empregada en nomes de institucións, tal como Dáil Éireann (o Parlamento irlandés) ou Poblacht na hÉireann (a República de Irlanda).
Ademais, Éirinn é a palabra usual para denominar Irlanda en gaélico escocés, un dos nomes poéticos que o poeta Eduardo Pondal aplica a Galicia (xunto con Celtia, Suevia e Finián) e un dos escasos topónimos que aparecen nas poesías célticas do Ossián de Macpherson, de onde o tomou o bardo bergantiñán:
Oín mil veces na miña infancia
nos patrios montes
da verde Erín,
sentín túa enxebre,
doce fragancia,
cando pasabas por xunta a min.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Erín | |
Inglés | Erin | |
Irlandés | Eireann | |
Portugués | Erin | Erin |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Erín
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]