
Sesión extraordinaria do Día das Letras Galegas 2025
Sábado, 17 de maio de 2025 - 12:30 horas
Centro Cívico e Cultural. Malpica de Bergantiños
Sesión extraordinaria do Día das Letras Galegas 2025
Sábado, 17 de maio de 2025 - 12:30 horas
Centro Cívico e Cultural. Malpica de Bergantiños
Este nome non se encontra na guía.
feminino
Nome cristián
Do latín eremita, que significaba 'ermitán', e logo (s. XIV) pasou a ser 'santuario rural'. É un derivado do latín tardío eremus 'deserto' que procede do grego érēmos 'deserto', 'solitario'.
Hoxe é tamén unha advocación mariana: a Virxe das Ermidas, que conta cun gran santuario situado no concello do Bolo, na beira do río Bibei. A orixe deste santuario está ligada a unha lenda duns pastores que descubriron unha imaxe da Virxe nesta zona montuosa, de orografía esgrevia.
Hai outro santuario do mesmo nome na Lama, na aba oeste da serra do Suído; a súa orixe lendaria tamén está relacionada co achado dunha imaxe da Virxe, neste caso ao lado dunha fonte.
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Ermites | |
Español | Ermitas |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]