Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ermesinda
feminino
Nome cristián
Variantes
Femininas Hermesinda, Hermosinda, Ermosinda
Hipocorísticos
Femininos Sinda
Etimoloxía e historia
Antigo nome documentado nos textos galegos desde o século VIII. É de orixe xermánica e está composto polas raíces góticas *aírmans, aírmins ‘grande, ancho’ e sinths ‘camiño’. Como moitos compostos semellantes, correu cunha variante con hache inicial, posiblemente por influxo de nomes derivados do grego Hermes. Existe unha variante Ermosinda; pero nin ela nin o seu hipocorístico Ermosa teñen que ver co castelán hermosa (como algúns falsamente interpretan, levados polas variantes gráficas con hache). Deste antropónimo derivan varios topónimos como Ermisende, Ermosende, Ermesinde. Hermosinda e Hermesinda son variantes menos recomendables.
Chamáronse así
A abadesa galega Ermesinda (século X), irmá de san Rosendo.
Ermesinda Gatónez (séculos IX-X), filla do conde Gatón do Berzo, foi esposa de Hermexildo Gotérrez , conde de Tui e do Porto, poderoso nobre galego durante o reinado do monarca ástur-galaico Afonso III.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Ermesinda | |
Portugués | Ermesinda |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Ermesinda
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]