Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Enma
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Enma:
Véxase Manuela
Etimoloxía e historia
Trátase probablemente dunha forma curta de nomes femininos de orixe xermánica comezados pola raíz gótica ermin ‘grande, ancho’. Tamén foi considerado un acurtamento do nome hebreo Emmanuela.
Motivación
Santa Enma de Gurk (século XI), condesa de Friesach (Austria) foi fundadora do convento das monxas bieitas da cidade austríaca de Gurk.
A difusión do nome pode deberse a Emma Bovary, de Madame Bovary (1857) de Gustave Flaubert, e máis recentemente á actriz británica Emma Thompson (1959). Emma tamén é o nome dunha novela de Jane Austen, publicada en 1816.
Chamáronse así
A escritora Emma Orczy (1865-1947), a anarquista Emma Goldman (1869-1940) ou a política Enma González Bermello (1931-2014), alcaldesa de Vigo en 1976 e unha das tres primeiras parlamentarias galegas.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Emma | |
Español | Emma | |
Éuscaro | Emma | |
Francés | Emma | |
Inglés | Emma | |
Italiano | Emma | |
Portugués | Emma | |
Ema |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]