Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Manuela, Manuel
Nome cristián
Pronuncia
Manuela:
Manuel:
Variantes
Hipocorísticos
Másculinos Manolo, Manolecho, Malencho, Maíño, Manecas, Manecho, Manocho, Manel, Nel, Nelos, Nolo, Chono, Locho, Lolecho, Lecho, Lolo
Femininos Manola, Noliña, Lela, Locha, Nela
Etimoloxía e historia
Do nome hebreo Immanu'el 'Deus connosco', 'Deus está connosco', que pasou ao grego e ao latín como Emmanuel (en España e Portugal sufriu a aférese da sílaba inicial). O nome de Manuel vén sendo un sinónimo de Xesús. Segundo o Evanxeo de san Mateu, un anxo fálalle en soños a san Xosé para facerlle saber que María vai dar a luz un fillo, "e ti poraslle de nome Xesús, porque salvará o pobo de todos os seus pecados". Todo iso aconteceu para que se cumprise o que dixera o Señor por boca do profeta: 'Mirade: a virxe concibirá e dará a luz un fillo, e poranlle de nome Emmanuel'.
Motivación
Levárono reis bizantinos como Manuel I Conmeno (século XII) e Manuel II Paleólogo (séc. XIV-XV) e o rei de Portugal Manuel I o Afortunado (1469-1521). Entre nós foi un nome que tardou en entrar popularmente, talvez por se considerar irreverente bautizar un neno cun dos nomes “sagrados” de Xesús. En Galicia entrou maiormente por vía culta, imposto por cregos e fidalgos, e tivo un espallamento moi limitado ata a segunda metade do século XVIII, para logo pasar a ser, nos séculos XIX e XX, o segundo nome masculino máis usado despois do de Xosé.
Chamáronse así
En Galicia, entre outros moitos, levárono sete escritores homenaxeados co Día das Letras Galegas (DLG), poetas na súa maior parte: Manuel Curros Enríquez (1851-1908), tamén xornalista (DLG 1967); Manuel Leiras Pulpeiro (1854-1914), DLG 1983; o bispo tudense Manuel Lago (1865-1925), DLG 1973; Manuel Lugrís Freire (1863-1940), DLG 2006; Manuel Antonio (1900-1930), DLG 1979; Manuel María Fernández Teixeiro (1929-2004), DLG 2016; e o historiador Manuel Martínez Murguía (1833-1923), máximo representante do rexionalismo progresista galego e primeiro presidente da Real Academia Galega (DLG 2000).
O filósofo alemán Emmanuel Kant (1724-1804) e o compositor español Manuel de Falla (1876-1946).
Entre as mulleres salientamos a Manuela Sáenz de Vergara (1797-1856), coñecida como Manuelita Sáenz, natural de Quito (Ecuador), política e militar que loitou pola independencia da Gran Colombia do imperio español; recibiu do xeneral San Martín o rango de coronela pola súa participación, coas armas na man, en varias batallas, e de mans de Simón Bolívar —de quen foi compañeira sentimental— o título de Libertadora do Libertador, por salvarlle a vida nun atentado. Aldraxada e desterrada tras a morte de Bolívar (1830), anos despois sería recoñecida como prócer da independencia hispanoamericana e hoxe é un símbolo do feminismo en América latina. A súa figura inspirou moitas obras narrativas, teatrais e cinematográficas.
María Manuela Ramona Rey González ou Manuela Lopes Rey (1842-1866), natural de Mondoñedo, foi unha actriz de teatro e dramaturga en Portugal.
Manuela Barreiro (1877-1953) foi a primeira licenciada da Universidade de Santiago de Compostela, no ano 1901.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Emanuel | |
Catalán | Manel | |
Manuel | Manuela | |
Español | Manuel | Manuela |
Éuscaro | Manuel | |
Emanuel | Emanuela | |
Imanol | Imanole | |
Francés | Emmanuel | Emmanuelle |
Inglés | Emmanuel | |
Italiano | Emanuele | Emanuela |
Portugués | Emanuel | Emanuela |
Manuel | Manuela | |
Romanés | Manuel | Manuela |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]