Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Marcelino, Marcelina
Nome cristián
Pronuncia
Marcelino:
Marcelina:
Hipocorísticos
Másculinos Cheluco, Nucho, Manino, Lino
Femininos Nucha, Manina
Etimoloxía e historia
Do latín Marcellinus, diminutivo de Marcellus que, á súa vez, tamén o era de Marcus.
Motivación
San Marcelino, papa (296-308), foi mártir durante a persecución de Diocleciano.
Santa Marcelina (século IV) foi unha virxe nacida en Tréveris (Alemaña), filla dun funcionario imperial e irmá máis vella de santo Ambrosio e de san Sátiro, aos que educou.
Chamáronse así
Marcelino Martínez Morás (1895-1963), profesor, escritor e académico correspondente da RAG.
Os santanderinos Marcelino Sanz de Sautuola (1831-1888), descubridor das pinturas prehistóricas da cova de Altamira, e Marcelino Menéndez Pelayo (1856-1912), escritor, filólogo, crítico literario e político.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Marceŀlí | Marceŀlina |
Español | Marcelino | Marcelina |
Éuscaro | Martzelino | Martzelina |
Markelin | Markeliñe | |
Francés | Marsalin | Marcelline |
Marcelin | Marceline | |
Italiano | Marcellino | Marcellina |
Portugués | Marcelino | Marcelina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]