Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Marcela, Marcelo
Nome cristián
Pronuncia
Marcela:
Marcelo:
Véxase Marcos
Etimoloxía e historia
Do nome latino Marcellus, diminutivo de Marcus e xentilicio da familia Claudia.
Motivación
San Marcelo de León ou da Gallaecia foi un centurión romano do século III, casado con santa Nonia (ou Nona). Tiveron unha ducia de fillos, todos mártires e santos, como os seus pais, venerados en distintos lugares da Península Ibérica, divididos en grupos de dous e tres irmáns: Servando e Xermán; Facundo e Primitivo; Clodio, Lupercio e Vitorico etc.
Houbo dous papas con este nome: san Marcelo I (308-309), obrigado polo emperador Maxencio a servilo como palafreneiro; e Marcelo II (século XVI), que chegaría a presidir o Concilio de Trento (1545).
Santa Marcela de Roma (séculos IV-V) foi a primeira matrona romana que impulsou os principios do monacato.
Chamáronse así
O sacerdote, profesor, arqueólogo e numismático Marcelo Macías García, natural de Astorga (1843) e asentado en Ourense desde 1884 ata a súa morte (1941). Na súa honra creouse en 1943 o grupo Marcelo Macías de colaboradores do Museo Provincial de Ourense.
As mestras galegas Marcela Gracia e Elisa Sánchez constituíron en 1901 o primeiro matrimonio entre persoas do mesmo sexo do que se ten noticia. En 2018 a cidade da Coruña dedicoulles unha rúa, e en 2019 a cineasta Isabel Coixet presentou o filme Elisa e Marcela, rodada en Galicia, que narra a súa complicada historia.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Marcellus | |
Catalán | Marcel | Marceŀla |
Español | Marcelo | Marcela |
Éuscaro | Martzelo | Martzela |
Martzel | ||
Markel | Markele | |
Francés | Marceau | |
Marcel | Marcelle | |
Inglés | Marcellus | Marcella |
Italiano | Marcello | Marcella |
Portugués | Marcelo | Marcela |
Romanés | Marcél | Marcéla |
Ruso | Markell | Markellina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]