Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Mara
feminino
Nome bíblico
Pronuncia
Mara:
Etimoloxía e historia
Nome bíblico, do hebreo Mārāh, derivado de m-r-h 'amargura'. Na Biblia aparece no libro de Rut (1, 20), cando Noemí, ao perder dous fillos e mais o home, di 'Non me chamedes Noemí [é dicir, 'alegría'], chamádeme Mara [é dicir, 'aflita, infeliz']. Este nome corre en Galicia tamén como variante de María, como forma feminina de Amaro ou variante de Mar.
Motivación
Mara é un personaxe da novela Flavio (1861), de Rosalía de Castro.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Italiano | Mara | |
Portugués | Mara |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]