-
A Lingua
Real Academia Galega
- A institución
-
Letras galegas
- Dicionarios
-
Comunicación
Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Mamede
masculino
Nome cristián
Variantes
Etimoloxía e historia
De orixe controvertida. Hai quen opina que ten procedencia latina, a partir do nome persoal Mammes, -etis, posiblemente ligado con cognomes romanos como Mammeus, Mammeanus, Mammatus e outros, relacionados co termo da linguaxe infantil mamma. Por outra banda, tamén se aduce unha orixe semítica, o nome Mohamed (o mesmo có do profeta Mahoma, pero moi anterior ao nacemento deste), da raíz H-M-D 'loar'. É un nome do repertorio cristián tradicional.
Motivación
San Mamede de Cesarea (século III) era pastor nesta cidade da Capadocia, na actual Turquía. Segundo a lenda, refuxiouse nun bosque para fuxir da persecución de Aureliano, e alí predicoulles o Evanxeo ás feras; transformouse así no Orfeu cristián, o que amansa as feras coa música. Finalmente, foi destripado por un gladiador do anfiteatro cun tridente, instrumento que é o seu atributo persoal na súa iconografía. É un dos santos máis antigos do culto hispánico.
Chamáronse así
En Galicia, Mamede Casanova foi un famoso bandoleiro de principios do século XX que, por algún dos seus mitificados asaltos, chegou a inspirar unha obra de Valle-Inclán.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Mamas | |
Catalán | Mamès | |
Mamet | ||
Español | Mamés | |
Mamed | ||
Éuscaro | Mami | |
Francés | Mammas | |
Mammès | ||
Inglés | Mammes | |
Italiano | Mamas | |
Mamete | ||
Portugués | Mamede |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentíolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]