Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Malaquías
masculino
Nome bíblico
Etimoloxía e historia
Do nome hebreo Mal'akhí 'o meu mensaxeiro' ou 'o meu anxo', adaptado ao grego e ao latín como Malachias.
Motivación
No Antigo Testamento, Malaquías (século V a. C.) foi un dos chamados pequenos profetas de Israel durante o período persa. Anunciou a chegada dun anxo que viría “purificar” e “preparar o camiño” .
San Malaquías de Armagh (1094-1148), primado de Irlanda, foi o reformador do monacato e da Igrexa desta illa. A el atribuíronselle unhas profecías en que se anunciaba que só existirían cento once papas ata a fin do mundo, pero comprobouse que era un apócrifo de finais do século XVI.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Maleachi | |
Catalán | Malaquies | |
Español | Malaquías | |
Éuscaro | Malakias | |
Francés | Malachie | |
Inglés | Malachi | |
Irlandés | Maelaghlin | |
Italiano | Malachia | |
Portugués | Malaquias |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]