Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Maior
feminino
Nome cristián
Variantes
Femininas Mor
Etimoloxía e historia
Procede dunha advocación da Virxe: santa María a Maior. Era moi común na Idade Media: documéntase nos nosos textos desde o século X ao XVI. Presentaba as variantes Maor, Moor e Mor.
Motivación
A basílica de Santa María a Maior de Roma —construída despois do Concilio de Éfeso (431), que confirmou para a Virxe o título de Nai de Deus— debe o seu nome a que foi a primeira e principal igrexa mariana da cristiandade.
Chamáronse así
Na Baixa Idade Media, moitas damas da nobreza galega levaban este nome: Maior Rodríguez (século XII), esposa do conde Pedro Froilaz de Traba; Maior Álvarez de Soutomaior (séculos XIV-XV); Maior de Ulloa, da casa de Lemos (século XV) etc.
María Maior Fernández da Cámara e Pita (século XVI) era o nome real de María Pita, a heroína coruñesa que no asalto da flota do corsario inglés Francis Drake á Coruña (1589) encabezou un grupo de mulleres que tamén empuñaron as armas ao carón dos homes na defensa da cidade.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Mayor | |
Portugués | Mor | |
Maior |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]