Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Maeloc
masculino
Personaxe histórico
Etimoloxía e historia
Nome celta que talvez significase 'grande'. Nas actas dos concilios galegos do século VI aparece latinizado co nome de Maximus.
Motivación
Maeloc ou Maelog (século VI) foi un bispo celta de Gran Bretaña que, comandando un grupo de compatriotas, chegou ás costas norteñas de Galicia fuxindo da invasión anglosaxoa. Contra o ano 450 desembarcan nas Illas Británicas os xutos, anglos e saxóns e empuxan os britanos cara a Gales, Cornualla e Escocia (son os tempos da lenda do rei Artur). Outros embarcaron cara ao continente e instaláronse na Armórica —que pasaría a chamarse Bretaña—, e outros chegarían ás costas da Mariña luguesa, como sería o caso do bispo Maeloc, que axiña se integraría coa súa xente no reino suevo da Gallaecia. O bispo Maeloc participou no I e II Concilio de Braga —dos anos 561 e 572, respectivamente— en representación da diocese de Britonia, antecesora da de Mondoñedo. A Britoniensis ecclesia —talvez instalada en Bretoña (A Pastoriza)— subsistiu máis dunha centuria.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Bretón | Malo | |
Maclov | ||
Maclou |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]