Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Macario
masculino
Nome cristián
Véxase Fiz
Etimoloxía e historia
Do nome propio grego Makários 'feliz', 'beato', que pasou ao latín cristián como Macarius. É polo tanto un nome sinónimo de Fiz.
Motivación
Hai un san Macario de Alexandría e outro de Exipto (século IV), lendarios, que posiblemente sexan o mesmo. Os dous levaron unha vida ascética de anacoretas no deserto exipcio e tiveron historias fantásticas. Hai aínda outro, san Macario de Gante (século XI), tamén lendario, que probablemente naceu en Antioquía.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Makarius | |
Catalán | Macari | |
Español | Macario | |
Éuscaro | Makario | |
Francés | Macaire | |
Inglés | Macary | |
Italiano | Macario | |
Polaco | Makary | |
Portugués | Macário | |
Romanés | Macarie | |
Ruso | Makari |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]