Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Madalena
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Madalena:
Variantes
Femininas Madanela
Hipocorísticos
Femininos
Malena
Etimoloxía e historia
Do grego neotestamentario Magdalené, que pasou ao latín eclesiástico como Magdalena. Trátase dun sobrenome étnico que significa 'nativa ou proveniente de Magdala', aldea hebrea do sur do lago de Galilea. Magdala é a forma grega da hebrea Migdal 'torre'.
Motivación
Os haxiógrafos discuten se María de Magdala, María de Betania (irmá de Marta e de Lázaro) e a pecadora anónima de quen fala o evanxelista Lucas eran ou non a mesma persoa. Con María de Magdala identificouse a muller pecadora pública que lle perfumou os pés a Xesús e llos secou cos seus cabelos. En calquera caso ela é a personificación das bágoas do arrepentimento, unha das poucas persoas que acompañan a Xesús na agonía da cruz e a primeira que o ve resucitado; como non consta nos Evanxeos que o vise a súa nai tras a resurrección, esta proximidade levou a algúns a especular sobre o posible matrimonio da Madalena con Xesús.
Chamáronse así
Madalena Iglésias do Vale (1939-2018) foi unha cantora portuguesa de fados. Magdalena Sibylla de Hesse-Darmstadt (1652-1712) foi rexente do Ducado de Württemberg de 1677 a 1693 e unha destacada compositora alemá de himnos barrocos.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Magda | |
Magdalena | ||
Bretón | Madalen | |
Catalán | Magdalena | |
Esloveno | Maida | |
Español | Magdalena | |
Éuscaro | Matxalen | |
Madalen | ||
Malen (hip.) | ||
Magdalena | ||
Maddalen | ||
Maialen | ||
Francés | Magdeleine | |
Madeleine | ||
Inglés | Maud | |
Magdalen | ||
Italiano | Magdalena | |
Maddalena | ||
Occitano | Maida | |
Portugués | Madalena | |
Romanés | Magdalena | |
Ruso | Magdalina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]