Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Luz
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Luz:
Etimoloxía e historia
Do latín lux, lucis 'luz'. Nome con motivacións diversas, desde as relacionadas con devocións relixiosas ('luz eterna', 'luz perpetua', 'Virxe da Luz', 'María da Luz' etc.) ata as ideoloxías progresistas ('luz da ciencia', 'luz do progreso', 'luz do futuro'). Tamén pode ser un nome augural ou afectivo ('que é ou ha de ser como a luz', 'que é a nosa luz', 'é a luz dos nosos ollos'). Hai quen considera que pode ser unha simple variante de Lucía.
Chamáronse así
Luz Pozo Garza (1922-2020), poeta e membro de número da Real Academia Galega.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Llum | |
Español | Luz | |
Éuscaro | Argiñe | |
Argia | ||
Portugués | Luz |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]