Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Lurdes
feminino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Advocación mariana procedente do topónimo gascón Lorda, situado nos Pireneos, grafiado á francesa como Lourdes. A orixe do topónimo é un nome de posesor (villa) Lúrida, pertencente a Luridus, do adxecivo lúridus 'pálido'. As formas antigas aconsellan descartar o seu parentesco co vasco lurta ‘desprendemento de terras’ ou ‘avalancha de neve’ ou con lor ‘carrexa, carreto’.
Motivación
A basílica da Virxe de Lurdes ten a súa orixe nas supostas aparicións da Virxe a unha rapaza de 14 anos, Bernardette Soubirous, en 1858, en dezaoito ocasións distintas nunha cova próxima a un lugar chamado Lorda en occitano (Lourdes en francés), nos Pireneos franceses. O que chamou a atención foi que a nena afirmase que a Virxe se dirixira a ela no seu gascón nativo —dialecto do occitano da zona— dicíndolle “Qué soï era immaculado councepcioũ” (‘Eu son a Inmaculada Concepción’). Isto levou as autoridades civís e eclesiásticas a tratala de mentireira, porque a Virxe por forza tiña que falar en francés, a lingua oficial, e non en patois, nun dialecto dunha lingua minorizada e desprezada. Había tres anos que o papa proclamara o dogma da Inmaculada Concepción e a Igrexa acabou dando por boas as aparicións. En 1876 construiríase no lugar a basílica e en 1891 instituiríase a festa.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Lurdes | |
Lourdes | ||
Español | Lourdes | |
Éuscaro | Lorda | |
Francés | Lourdes | |
Portugués | Lurdes |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]