Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Maira
feminino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
Hai varias explicacións etimolóxicas para este nome. Por un lado, pode vir dun topónimo do concello de Lugo, de orixe escura, probablemente prerromana. En inglés foi un nome literario creado por Fulke Greville no século XVII, como variante de Myra. Finalmente, na mitoloxía grega era o nome dunha ninfa.
Motivación
Na mitoloxía grega, Maira era a ninfa acompañante da deusa Artemisa, que lle deu morte por ter relacións con Zeus, de quen tivera un fillo: Locros.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Mayra | |
Maira | ||
Francés | Maïa | |
Inglés | Myra | |
Portugués | Maira |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]