Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Marcial
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Marcial:
Etimoloxía e historia
Do latín Martialis, adxectivo derivado de Mars, Martis 'Marte', deus da primavera e da guerra. O seu significado é 'guerreiro', 'marcial', 'semellante ao deus Marte'.
Motivación
Marcial (c. 40 - c.104 d. C.) foi un poeta latino de orixe hispana (Marcus Valerius Martialis) que durante a súa estancia en Roma escribiu baixo a protección de diversos emperadores e patróns. Foi o vate máis orixinal da época dos Flavios; creou o xénero do epigrama.
San Marcial de Limoges (século III?) foi o primeiro bispo desta cidade francesa; evanxelizou o Limousin e foi santificado no século V polo pobo, non polo papa.
San Marcial de León ou da Gallaecia (século III) foi un dos fillos de san Marcelo; segundo a lenda foi martirizado xunto cos seus irmáns Fausto e Xauriano.
Chamáronse así
En Galicia lembramos o escritor estradense Marcial Valladares Núñez (1821-1903), autor dun dicionario galego-castelán —entre 1852 e 1884— e da primeira novela en galego, Maxina ou a filla espúrea (1890), homenaxeado co Día das Letras Galegas de 1970; e o compositor musical coruñés Marcial del Adalid Gurrea (1826-1881).
Marcial Lafuente Estefanía (1903-1984) foi un escritor español moi popular por ser o autor dunhas dúas mil seiscentas novelas do Oeste americano, considerado o máximo representante neste xénero en España.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Marçal | |
Español | Marcial | Marciala |
Éuscaro | Gudane | |
Martzial | Markele | |
Francés | Marsal | |
Martial | ||
Portugués | Marcial | |
Marçal |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]