Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Epifanio, Epifania
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Nome cristián procedente do latín Epiphanius e este do adxectivo grego epiphánios 'manifiesto', 'distinguido', derivado do termo epiphanía, 'manifestación'.
Motivación
A festa da Epifanía instaurouse no século IX no cristianismo para designar o momento da revelación ou manifestación de Xesús ao mundo, cando foi encontrado polos Magos de Oriente no portal de Belén.
Santo Epifanio de Salamina (310-403) naceu en Palestina; foi anacoreta en Exipto e despois bispo da antiga Salamina (Chipre); leva o título de doutor da Igrexa. Santo Epifanio de Pavía (438-496) foi bispo desta cidade italiana e tratou de fomentar a paz entre romanos, visigodos e ostrogodos.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Epiphanius | |
Catalán | Epifani | Epifania |
Español | Epifanio | Epifanía |
Éuscaro | Irkusne | |
Iraskune | ||
Agerne | ||
Agerkunde | ||
Francés | Epiphane | Épiphanie |
Italiano | Epifanio | |
Portugués | Epifânio | Epifânia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Epifanio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]