Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Elpidio
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Elpidio:
Etimoloxía e historia
Nome persoal de orixe grega a través do latín Elpidius, documentado só en época cristiá. En grego Elpídios é un adxectivo derivado do substantivo elpís, -ídos, 'esperanza'; o seu significado sería 'relativo á esperanza'.
Motivación
Houbo un santo Elpidio que foi bispo de Lión (Francia). Outro, do século V, foi abade en Ancona (Italia).
Chamáronse así
Elpidio Villaverde (1887-1962), político galeguista republicano exiliado na Arxentina tras a guerra civil española; formou parte do Consello de Galiza (1944), goberno galego no exilio que presidiu Castelao.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Elpidius | |
Catalán | Elpidi | |
Español | Elpidio | |
Italiano | Elpidio | |
Portugués | Elpídio |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]