Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Emeterio
masculino
Etimoloxía e historia
Do nome latino Emeterius, e este do grego Hemetérios, de orixe discutida. Suxeriuse a relación co pronome posesivo grego hēméteros ‘o noso’. Deu lugar ao topónimo Meder (Salvaterra de Miño) e a Santander (de Sanctum Emeterium).
Motivación
Santo Emeterio foi un soldado romano, irmán de san Celidonio, mártires os dous durante a persecución de Diocleciano a finais do século III ou principios do IV. É patrón das cidades de Santander e Calahorra.
Chamáronse así
Emeterio Gutiérrez Albelo (1905-1969), poeta español membro da Xeración do 27.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Medir | |
Emeteri | ||
Español | Emeterio | |
Éuscaro | Meteri | |
Emeteri | ||
Portugués | Hemetério |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Emeterio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]