Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Elsa
feminino
Hipocorístico
Pronuncia
Elsa:
Véxase Elisa
Etimoloxía e historia
Pode ser unha forma hipocorística de Elisa ou a aceptación da escrita alemá Elsa, diminutivo de Elisabeth.
Motivación
A difusión deste nome en Europa no século XIX foi debido, seguramente, a Elsa de Brabante, heroína do poema anónimo Lohengrin (século XIII), que inspirou unha ópera de Richard Wagner do mesmo título (1850). Santa Elsa Bailey Seton foi a primeira santa con este nome; faleceu en 1821 e foi canonizada en 1975.
Chamáronse así
Elsa Martinelli (1935-2017), actriz italiana. Elsa Gonçalves (1930-2022), filóloga portuguesa, estudosa da lírica galego-portuguesa medieval.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Else | |
Elsa | ||
Español | Elsa | |
Francés | Elsa | |
Inglés | Elsa | |
Italiano | Elsa | |
Portugués | Elza | |
Elsa |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]