Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Elisa
feminino
Nome literario
Pronuncia
Elisa:
Hipocorísticos
Femininos Lisiña
Etimoloxía e historia
Elissa é un nome fenicio de etimoloxía descoñecida pero cargado igual de significado pola historia de Elissa-Dido, que chega a nós a través da Eneida de Virxilio. Nalgunhas linguas, en cambio, é hipocorístico de Elisabeth.
Motivación
A Elissa-Dido da Eneida era esposa de Siqueo, rei de Tiro. Cando o seu irmán Pigmalión deu un golpe de Estado e matou o rei, ela meteu pola calada o tesouro real nun barco e navegou en busca doutro lugar onde fundar unha nova cidade. Esa cidade foi Cartago. Non quixo volver casar, e para os cartaxineses foi o símbolo da viúva fiel.
Chamáronse así
Elisa Fernández de la Vega (A Veiga, Asturias 1895 -Madrid 1933) e a súa irmá xemelga Jimena foron as primeiras mulleres en estudaren na Universidade de Santiago (1913). Licenciáronse en Medicina en 1919, cos mellores expedientes da promoción.
As mestras galegas Elisa Sánchez e Marcela Gracia constituíron en 1901 o primeiro matrimonio entre persoas do mesmo sexo do que se ten noticia. En 2018 a cidade da Coruña dedicoulles unha rúa, e en 2019 a cineasta catalá Isabel Coixet presentou o filme Elisa e Marcela, rodado en Galicia, que narra a súa historia.
Elisa Patiño Meléndez (1890-1919), coñecida como Chichana, foi a primeira aviadora galega.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino |
|---|---|---|
| Alemán | Elisa | |
| Bretón | Eliza | |
| Catalán | Elisa | |
| Español | Elisa | |
| Éuscaro | Elixane | |
| Elixa | ||
| Elisa | ||
| Francés | Elise | |
| Inglés | Elisha | |
| Italiano | Elisa | |
| Portugués | Elisa | |
| Romanés | Eliza |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




