Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Elías
masculino
Nome bíblico
Pronuncia
Elías:
Etimoloxía e historia
Nome hebreo dun profeta do Antigo Testamento, a través do latín eclesiástico Elias e o grego bíblico Ēlías, do hebreo Eliyâh(û), nome formado por dous nomes de Deus, Elohim e Yahvé, ambos os dous impronunciables para os hebreos observantes. O nome composto significa 'Deus é Iavé'.
Motivación
Na Biblia o profeta Elías (século IX a. C.) é a representación da resistencia dos hebreos fieis ao seu deus Iavé nunha época de sincretismo apóstata durante o reinado do rei Acab, na cal se estaba introducindo en Israel o culto ao deus fenicio Baal, deus da fecundidade. Segundo o relato lendario, Elías subiu ao ceo nun carro de lume.
Houbo un santo Elías exipcio, martirizado en Cesarea de Palestina no ano 309.
Chamáronse así
Ilyá G. Ehrenburg (1891-1967), escritor e xornalista soviético de orixe ucraína e xudía, un dos principais cronistas do Holocausto; e o búlgaro Elias Canetti (1905-1994), escritor en lingua alemá, Premio Nobel de Literatura en 1981.
Elías Valiña Sampedro (1929-1989), natural de Sarria, crego do Cebreiro desde 1959; promoveu a restauración das tradicionais pallozas da súa parroquia e realizou importantes investigacións sobre o Camiño de Santiago, que conseguiu revitalizar, e sinalizouno desde a fronteira francesa con frechas amarelas, polo que é considerado o creador deste símbolo viario que identifica as rutas xacobeas.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Elias | |
Bretón | Eliaz | |
Catalán | Elies | |
Elias | ||
Español | Elías | |
Éuscaro | Elias | Ele |
Eli | ||
Francés | Élie | |
Inglés | Elias | |
Italiano | Elia | |
Portugués | Elias | |
Romanés | Ilie | |
Ruso | Iliiá |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]