Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Eleazar
masculino
Nome bíblico
Hipocorísticos
Másculinos Laíño
Etimoloxía e historia
Do nome hebreo El'azar, que significa 'Deus axudou', composto de El 'Deus' e azar 'axudar'; adaptouse ao grego e ao latín como Eleazar.
Motivación
Nome bíblico que levaron o terceiro dos fillos de Aarón (irmán de Moisés) e un compañeiro do rei David. Mais o Eleazar máis famoso é o Vello, mártir da liberación de Palestina contra a dominación de Antíoco Epifanes (século II a. C.), rei helenizado de Siria. A súa historia cóntase no Libro dos Macabeos.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Eleazar | |
Catalán | Eleàtzar | |
Español | Eleázaro | |
Francés | Éléazar | |
Inglés | Eleazar | |
Italiano | Eleazaro | |
Portugués | Eleazar |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]