Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Eliseu
masculino
Nome bíblico
Pronuncia
Eliseu:
Hipocorísticos
Másculinos Liso
Etimoloxía e historia
Nome hebreo composto de El, apócope de Elohim 'Deus', e o verbo ish' 'salvar, axudar', isto é, 'Deus é salvador'. Chegounos a través do grego Elissaîos e o latín eclesiástico Elisaeus.
Motivación
Eliseu (século IX a. C.) foi un profeta bíblico, discípulo e sucesor de Elías na loita contra a introdución en Israel dos cultos aos deuses fenicios Baal e Astarté. O ciclo de Eliseu é aínda máis fantástico ca o de Elías. Coa colaboración de grupos integristas iavistas logrou erradicar o culto baálico por medio do rei Xehú, que fixo matanzas en masa.
Chamáronse así
Élisée Reclus (1830-1905) foi un célebre xeógrafo e militante anarquista francés.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Elisäus | |
Catalán | Eliseu | |
Español | Eliseo | |
Éuscaro | Eliseo | |
Elixi | Elixe | |
Francés | Elisée | |
Italiano | Eliseo | |
Portugués | Eliseu |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]