Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Elixio
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Elixio:
Etimoloxía e historia
Nome formado no latín tardío, posiblemente por etimoloxía popular: de eligere 'elixir' formouse un Eligius, co sentido de 'escollido, elixido'. En Francia este nome transformouse en Eloi e nesta forma difundiuse polo mundo.
Motivación
Santo Elixio (ou Eloi) de Noyon (588-659) era un ourive en Limoges (Francia) que obtivo o cargo de xefe da ceca real do rei merovinxio Clotario II. Foi despois tesoureiro de Dagoberto I. Tras a morte deste, fíxose sacerdote e foi nomeado bispo de Noyon (Flandres) en 640. É patrón dos ourives, ferreiros e arrieiros.
Chamáronse así
Elixio Rodríguez (1910-2007), fundador das Mocidades Galeguistas de Bande e aviador durante a Guerra civil española en defensa da legalidade republicana. Ao remate da guerra exiliouse en México, onde colaborou nas actividades galeguistas. En 1994 publicou o libro de memorias Matádeo mañá; memorias dun aviador galeguista republicano entre a guerra e o exilio.
Elixio Rivas Quintas (1925-2022), natural de Fondo da Vila (Xunqueira de Ambía), frade paúl e misioneiro, profesor, etnógrafo e lingüista galego, con especial dedicación á lexicografía, á onomástica e á toponimia. Foi un gran difusor do Camiño de Santiago e recibiu o Premio Otero Pedrayo (1980) e a Medalla Castelao (2000).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Eligius | |
Catalán | Eligi | |
Español | Eligio | |
Francés | Éloi | |
Inglés | Eligius | |
Italiano | Ligio | |
Eligio | ||
Portugués | Elígio |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]