Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Eloi, Eloísa
Nome cristián
Pronuncia
Eloi:
Eloísa:
Véxase Elixio
Variantes
Femininas Heloísa
Etimoloxía e historia
Do francés Eloi, derivado do latín medieval Eligius. A forma feminina é considerada por algúns doutra orixe, talvez do antigo alemán Helewidis, composto de haila 'san', 'robusto' e wid 'ancho', 'amplo'.
Motivación
Santo Eloi é o mesmo santo que santo Elixio.
O nome feminino popularizouno Heloísa (c.1092-1164), escritora francesa do século XI, primeira abadesa da abadía do Paraclet, na rexión da Champaña. Pasou á historia por protagonizar co teólogo e filósofo Pedro Abelardo, o seu preceptor, unha historia de amor que rematou de maneira tráxica. O cóengo Fulberto, tío da moza, descubriu esta relación amorosa e, tras quedar a súa sobriña embarazada, mandou castrar a Abelardo. Non obstante, o amor entre os dous mantívose. Este idilio inspirou numerosas obras literarias, xa na época medieval. As cartas entre Heloísa e Abelardo son moi valoradas ao seren consideradas monumentos fundadores da literatura francesa.
Chamáronse así
Eloy Luís André (1876-1935), filósofo, psicólogo e profesor de Verín.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Eligius | Heloise |
Bretón | alar | Eloiza |
Catalán | Eloi | Eloïsa |
Español | Eloy | Eloísa |
Éuscaro | Eloi | Eloisa |
Francés | Éloïse | |
Eloi | Héloïse | |
Inglés | Eloisa | |
Eloi | Helewise | |
Italiano | Eloisa | |
Portugués | Elói | Heloísa |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]