Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Matilde
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Matilde:
Variantes
Femininas Matilda
Hipocorísticos
Femininos Matucha, Mati, Tila, Tilucha, Tiluca
Etimoloxía e historia
Do nome xermánico Mahthildis, composto de *maht 'forza' e *hildi 'combate'. Deste nome derivou no occidente da Península Ibérica o nome Mafalda.
Motivación
Houbo polo menos dúas raíñas santas con este nome: santa Matilde (890-968), raíña de Xermania polo seu matrimonio con Henrique o Paxareiro; tiveron cinco fillos, entre eles Odón o Grande, futuro emperador do Sacro Imperio. Santa Matilde de Inglaterra (1080-1118), filla de santa Margarida de Escocia e raíña de Inglaterra polo seu casamento con Henrique I.
Por se lle atribuír a autoría do famoso Tapiz de Bayeux (Normandía) —marabillosa obra que narra en viñetas a conquista de Inglaterra do ano 1066— tamén é coñecida Matilde ou Mahaut de Flandres, esposa de Guillerme, duque de Normandía e conquistador de Inglaterra.
No século XX o nome popularizouse pola canción "Mathilde” de Jacques Brel (1966), adaptada ao inglés en 1967 por Scott Walker, Ademais, en 1988 Roald Dahl publicou a novela Matilda, levada ao cinema en 1996. “Waltzing Matilda” é, ademais a canción folclórica máis coñecida de Australia (especialmente no ámbito internacional), proposta como himno nacional.
Chamáronse así
Ruth Mathilda Anderson (1893-1983), fotógrafa estadounidense que entre 1923 e 1930 realizou en España, e en Galicia en particular, gran cantidade de fotografías de cidades, vilas, aldeas e persoas; as fotos galegas publicaríanse en 1939 en Nova York co título Gallegan provinces in Spain.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Hilde | |
Tilda | ||
Mechthildis | ||
Mechthild | ||
Mathilde | ||
Catalán | Matilde | |
Español | Matilde | |
Éuscaro | Matilde | |
Francés | Maude | |
Mathilde | ||
Holandés | Mechteld | |
Inglés | Maud | |
Matilda | ||
Italiano | Matilde | |
Portugués | Matilde | |
Romanés | Matilda |
Antes e despois de Matilde
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]