Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Matías
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Matías:
Variantes
Masculinas Macías
Etimoloxía e historia
Do nome hebreo Matithyah "don de Iavé" –do que tamén procede Mateu–, que pasou ao grego como Maththías e ao latín como Mat(t)hias.
Motivación
San Matías foi o apóstolo que substituíu a Xudas Iscariote tras o suicidio deste. Non o chamou Cristo, senón que o elixiron por sorteo entre os do colexio apostólico. Evanxelizou Xudea e morreu lapidado diante do templo de Xerusalén.
Chamáronse así
Macías o Namorado, padronés do século XIV, foi un dos derradeiros trobadores galegos medievais e ao mesmo tempo heroe literario. A lenda fixo del un prototipo de servidor do amor cortés. Morreu na prisión atravesado pola lanza dun marido celoso. O seu final seméllase ao do Romeo de Shakespeare ou ao do Werther de Goethe.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Matthias | |
Catalán | Maties | |
Macià | ||
Español | Macías | |
Matías | ||
Éuscaro | Matias | |
Francés | Mathias | |
Inglés | Matthias | |
Italiano | Mattia | |
Portugués | Macias | |
Matias | ||
Romanés | Matei |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Matías
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]