Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Concepción
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Concepción:
Variantes
Femininas Concha
Hipocorísticos
Femininos Conseiza, Concha, Conchiña, Chicha
Etimoloxía e historia
Do latín conceptio (ac. conceptionem) 'concepción', do verbo concipio 'conter', e logo, a partir de concepire semina 'concibir, quedar preñada'.
Motivación
A festa da Concepción xa se celebraba no século VIII, pero cun significado distinto ao de hoxe: festexábase que Xoaquín e Ana, estériles durante moitos anos, lograran ter unha filla, María, que sería nai de Xesús (festa da Concepción de santa Ana).
A finais do século XV empeza a xeneralizarse na arte sacra a iconografía da Inmaculada Concepción de María, inspirada nos atributos da muller descrita por san Xoán na Apocalipse. En 1660 a bula Sollicitudo ommnium ecclesiarum do papa Alexandre VII impulsa o culto a esta advocación da Virxe. O pulo máis recente deuse en 1854, cando o papa Pío IX publica a Ineffabilis Deus, onde se afirma como dogma que María estaba libre do pecado orixinal desde o mesmo momento da súa concepción.
Chamáronse así
A ferrolá Concepción Arenal Ponte (1820-1893), unha das pensadoras máis prestixiosas do século XIX, defensora dos dereitos da muller e dun sistema penitenciario humanitario. Xunto á tamén galega Juana de Vega promoveu unha asociación para visitar as mulleres presas. O seu labor tivo gran repercusión internacional.
A compostelá Concha Castroviejo (1910-1995) foi escritora, crítica literaria e xornalista.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Concepció | |
Español | Concepción | |
Éuscaro | Kontzeziona | |
Kontxesi | ||
Sorkunde | ||
Sorne | ||
Italiano | Concetta |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Concepción
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]